17/10/14

Melendi

Naceu en Asturias en 1979. No instituto foi a clase co piloto de  Fórmula 1 Fernando Alonso, ao que lle dedicou unha canción chamada Magic Alonso
Melendi afeccionouse ao fútbol, é así que xogou nas categorías inferiores do Club Astur, filial, por aquel entón, do Real Oviedo. Na mocidade traballou en numerosos bares como camareiro e movíase no mundo da noite, obtendo vivencias que logo formarían parte das letras das súas cancións. No ano 2001, uniuse a un grupo chamado El bosque de Sherwood e pouco despois gravou unha maqueta que contiña unicamente tres cancións: Sin noticias de Holanda, El informe del forense e Vuelvo a traficar.
No ano 2003 logra gravar o seu primeiro disco, en solitario, chamado Sin noticias de Holanda con doce cancións. Ese mesmo anoi saca dous temas novos (Asturias e Moratalá), que tiveron moito éxito. Aínda que o seu verdadeiro salto á fama chegoulle da man da Volta Ciclista a España no 2004, cando a canción Con la luna llena foi elixida como tema oficial. Durante este ano inicia unha pequena xira por España que foi moi importante para darse a coñecer. 
No 2005 edita o seu segundo disco en solitario, titulado Que el cielo espere sentao.,No tamén lanzou 3 temas inéditos (El Nano, La Dama y el Vagabundo e Carlota) e un DVD, no cal móstranse imaxes dun concerto en Oviedo. Ademais recibiu o premio Ondas á mellor canción polo tema Caminando por la vida.
No 2006 anunciouse que sería un dos protagonistas principais do videoxogo de Sony para PSP Gangs of London. Melendi deulle vida a un personaxe, Mr. Big, que era un malvado gángster. Tamén, compuxo para a ocasión o tema Gangs of London, co seu correspondente vídeoclip. Mientras no cueste trabajo editouse este mesmo ano. 
Recibiu o Premio á Mellor Xira no 2007. Tivo que declarar nos xulgados tras provocar un altercado en estado de embriaguez, nun voo dende Madrid con destino a México. Tal foi a gravidade do caso, que obrigou ao comandante do avión a regresar ao sitio de orixe, logo de dúas horas de despegar. Foi posto en liberdade, tras prestar declaración. 
Melendi fundou a oficina Blue Donkey Music, desde o 2006 ata o 2008, esta oficina foi fundada co obxectivo de axudar a aqueles mozos cantantes, que queren iniciar a súa carreira. Ofreceu contrato a 4 grupos: Algunos Hombres Buenos, Rasel, La Dama e Belo y los Susodichos

O 17 de marzo do 2009 coincidindo co principio da súa última xira, publicouse un dobre CD Aún más curiosa la cara de tu padre e ao longo do 2010  emprendeu concertos en España e Latinoamérica. Ao mesmo tempo empezou a compor e preparar o seu novo álbum, Volvamos a empezar.
A min Melendi é un cantante que me gusta moito tanto na letra como na música que tén moito ritmo.

1º ESO B TEO DÍAZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario