29/5/15

Parga

Un dos sitios onde vou con certa frecuencia (en verán ou nas fins de semana) é Parga. Este pobo atópase no concello de Guitiriz (Lugo). Tamén é unha das parroquias deste concello que contaba no 2014 con 446 habitantes. É unha vila  preciosa ten moitas casas de pedra no que destacan algúns edificios singulares que están situados na praza principal e no apeadeiro do ferrocarril (por aquí pasa o tren que vai da Coruña a Lugo). 
Nesta parroquia está situada a fonte de Valdovín que é unha das tres fontes minero-medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é o espazo recreativo da Carballeira situado ao lado do río que leva o mesmo nome. Existen importantes restos prehistóricos como na Pena de Xiboi e varios castros. Tamén é moi interesante o castelo medieval de Parga.
Os lugares de reunión  habitual dos veciños concéntranse en tres bares. O máis coñecido é o CIT os outros dous son  o Comba e a Roda. No CIT fan festa da paella habitualmente, normalmente en verán os fins de semana, lanzan fogos artificiais, montan inchables... ,pero só cando hai festas . As súas feiras son un domingo si un domingo non.. Por ali pasa un dos afluentes do Miño,  o rio Parga. A súa beira hai unha ruta duns 16 km que une unha catidade os muíños deste concello. Hai moita xente que fai esta ruta sobre todo en verán e os fins de semana. Unha das rutas do camiño de Santiago (procedente de Lugo e do norte da provincia atravesa este pobo. A finca dos meus pais está situada nun pobo que pertence a Parga,Ferreira. No verán hai moita xente bañandose no rio, paseando, tomando algo cos amigos... 
Ponte sobre o río Parga situada na vila homónima
 
Fervenza de Ruxida no río Parga     

Río Parga
Vista xeral do pobo de Parga
Área recreativa da Carballeira

1º ESO B. Brais López Mantiñán

No hay comentarios:

Publicar un comentario