9/6/15

Camelle

Un dos lugares que máis me gusta visitar é o pobo dos meus pais. Chámase Camelle  e está situado no concello de Camariñas na ría de Corme-Laxe na Costa da Morte.
Eu vivín moitos anos en Camelle e ía ao colexio da Ponte do Porto hai uns anos mudamos para A Coruña. A min costoume moito a adaptación. O cambio de centro que nesta cidade foi o Salgado Torres. Aquí vivo coa miña nai mentres o meu pai e miña nai maior viven e traballan en Suíza.
Sempre que poido gustaríame volver a Camelle. Espero que este verán poida disfrutar as vacacións nesta vila.
Como dixen anteriormente Camelle é unha vila duns 1.400 habitantes. Perdeu moitísima poboación nas últimas décadas xa que non hai moito traballo pola zona. A maioría da xente, como os meus pais, emigraron cara Suíza e actualmente son moitos os que abandonan a vila para irse ás cidades da provincia da Coruña principalmente a súa capital.
Gústame Camelle polo contacto que hai coa natureza e sobre todo polo mar. Trátase dunha costa moi brava na que viven expertos mariñeiros adaptados a sufrir moitas adversidades. A pesca, o marisqueo e a construción son os oficios que máis se desenvolven neste entorno.
Vista xeral de Camelle

 Un persoeiro curioso que vivíu na nosa vila: Man

Chamábase Manfred Gnädinguer é era alemán. Pertenecía a unha familia numerosa da que eran sete irmáns. Parece ser que estudou artes en Italia e deu clases en Suíza. No ano 1961, nas festas do pobo, as do Espírito Santo, apareceu por aquí e sorpredeulle o entorno e a súa xente. Xa nunca marchou. O que me contaron sorpredeume. A miña familia conta que cando chegou era un home moi elegante e traxeado e de a noite a mañán transformouse nun vagabundo que andaba espido cun taparrabos e que vivíu o resto da vida nunha choupana que construíu sobre as penas perto do peirao do pobo. Ao seu redor facía esculturas abstractas que non sei o que significan.
Din que morreu no ano 2002. Que morreu de pena pola catástrofe que asolou esta costa: o petroleiro Prestige.
As esculturas quedaron aí. Falouse de facer un museo pero un temporal no ano 2010 destruíu gran parte da súa obra.

Resto das esculturas realizadas por Man
Imaxe de Manfred no ano 2000
Imaxes das esculturas antes do temporal do 2010
 1º ESO B ADRIÁN OLVEIRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario