9/6/15

Canelita

Chámase Jonatan Vera Granja nado en 1989. Natural de Algeciras (Cádiz) do mítico barrio “La Bajadilla” nestas mesmas rúas viviu o mestre Paco de Lucía, cando Jony “Canelita” entón era un neno que tiña unha voz sorprendente, co apoio da súa familia, empezou a súa carreira meteórica.



O nome de “Canelita” púsollo o cantaor Manzanita, ao escoitalo cantar e dixo: Este neno canta CANELA FINA ten que chamarse Canelita. E así foi.

A súa crianza estivo envolta en antigos cantes escoitando dende o seu berce, respirando fandangos e bulerías, os seus cantos preferidos, pero tamén a rumba e o tango.
Aos 14 anos edita o seu primeiro álbum que dálle entrada ao mundo flamenco. A partir de aquí leva publicados máis de 8 discos.
Os seus seguidores denomínanse Caneliteros.
Actualmente ten 25 anos e acaba de sacar o seu último disco.


Sabemos que tén un futuro inmenso. Deixemos que exprese o seu cante.


1º ESO B TALÍA BORJA E JOYA JIMÉNEZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario